folga estudantes 8 marzo

A Folga estudantil do 8M: como, por que, quen?

No eido estudantil as mulleres aturan tamén todo tipo de inxustizas, desigualdades, precarizacións, actitudes machistas, teitos de cristal e mesmo situacións de acoso físico e verbal. Isto agrávase polo feito de que a capacidade de negociación e presión deste colectivo (que nos ollos da sociedade capitalista non se percibe como 'produtivo') fronte ás institucións e autoridades … Seguir lendo A Folga estudantil do 8M: como, por que, quen?

Advertisements

Non no noso nome: posicionamento das compañeiras trans de Galegas 8M

Nas últimas semanas temos asistido a unha campaña de críticas que etiquetan como tránsfoba ou transexcluínte a simboloxía empregada no movemento feminista. Perante estas interpretacións, as feministas trans* implicadas en Galegas8M e noutras sinerxías feministas na Galiza queremos manifestar a nosa posición de rexeitamento a esta campaña. Estamos en desacordo cos discursos que condenan algúns … Seguir lendo Non no noso nome: posicionamento das compañeiras trans de Galegas 8M

Protocolo de autodefensa feminista para o 4 de marzo

Se estás lendo isto, ti tamén es parte da autodefensa feminista. Durante a manifestación do 4M en Vigo, as rúas que ocupamos xuntas deben transformarse nun espazo común de coidados e sororidade.  Xuntas somos máis fortes. Xuntas somos manada, somos multitude, somos imparábeis! Ao teu redor, o resto de mulleres tamén forman parte do noso sistema … Seguir lendo Protocolo de autodefensa feminista para o 4 de marzo

Comunicado das compañeiras de Galegas 8M en Ourense

Vimos de coñecer a través dos medios de comunicación que o pleno da Deputación de Ourense vai apoiar a través dunha declaración a convocatoria de Folga Feminista na que estamos traballando. As mulleres, colectivos e entidades diversas agrupadas na plataforma Galegas 8M queremos facer unha serie de consideracións a respeito desta nova: Rexeitamos declaracións institucionais … Seguir lendo Comunicado das compañeiras de Galegas 8M en Ourense

V Xuntanza da Asemblea Galegas 8M

Estamos xa nos días máis intensos para todas as mulleres que estamos traballando na organización da Manifestación Nacional e na Folga Feminista!! As horas semellan non chegarnos e as tarefas multiplícanse perigosamente 😉 Por isto, precisamos de todas forzas posibles! Aínda estades a tempo de botar unha man na organización tanto da manifestación como na … Seguir lendo V Xuntanza da Asemblea Galegas 8M

Actos de Difusión da Manifestación e a Folga de Mulleres 2018

A axenda feminista galega non para de encherse de actividades agora que chega a recta final cara á Manifestación do 4 de marzo en Vigo e a Folga de Mulleres do 8 de marzo. Como non queremos que vos perdades ningún destes encontros, contámosvos brevemente o que vai vir estes días. Novos eventos [Actualizado a … Seguir lendo Actos de Difusión da Manifestación e a Folga de Mulleres 2018